GALEGO
Primeira Lectura Ecl 1, 2; 2, 21-23
Que lle aproveita ao home todo o seu labor?
LECTURA DO LIBRO DO ECLESIASTÉS
Vaidade de vaidades ‑di Qohélet‑ un lene sopro, un breve aire é todo.
Pon por caso un home que lle debe o que gañou ao seu saber, prudencia e éxito, e que o teña que deixar en herdanza a un que non o traballou. Évos tamén un gran sen sentido e gran mal.
Abofé, que tira un home tal de todo o seu esforzo e de darlle voltas ao maxín, traballando baixo o sol?
«Dores todos os días,
molestias do seu trasfegar,
noites en branco matinando»,
E isto sonvos tamén andrómenas!
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL Sal 89, 3-4. 5-6. 12-13. 14 e 17
R/. (1): O Señor é o noso agarimo ao longo das xeracións.
Ti repós no po os mortais,
con dicirlles: «volvede, fillos de Adán».
Mil anos son ante ti
coma o día de onte que pasou,
coma unha vixilia da noite.
Ti falos pasar, e son coma sono mañanceiro;
son coma herba que agroma:
de mañá florece e verdea,
á tarde ségana e seca.
Ensínanos a contar os nosos días,
para que acheguemos o corazón á sabedoría.
Volve, Señor. Por canto aínda?
Apiádate dos teus servos.
Dános de mañá a fartura da túa misericordia,
para que teñamos felicidade e ledicia toda a nosa vida.
Que a bondade do Señor, o noso Deus, sexa connosco,
que el consolide as obras das nosas mans.
Segunda Lectura Col 3, 1-5. 9-11
Buscade as cousas de alá enriba, onde está Cristo
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS COLOSENSES
Irmáns:
Se resucitastes con Cristo, buscade as cousas de alá enriba, onde Cristo está sentado á dereita de Deus; arelade o de arriba e non o da terra.
Vós morrestes e a vosa vida está agachada con Cristo en Deus. Cando se manifeste Cristo, que é a vosa vida, daquela tamén vós vos manifestades con El cheos de gloria.
Así que, dádelle morte a todo canto tedes de terreal: a fornicación, a inmoralidade, a paixón, os malos desexos e a cobiza, que é unha idolatría.
Non vos mintades uns a outros, xa que vos espistes do home vello cos seus malos feitos e vos revestistes do home novo, que se vai anovando conforme a imaxe de quen o creou, para chegar a un coñecemento total.
Alí xa non hai máis nin grego nin xudeu, circuncisión nin non circuncisión, estranxeiro nin bárbaro, escravo nin libre, senón que Cristo é todo en todos.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
ALELUIA Mt 5, 3
Se non se canta, pódese omitir.
Aleluia, Aleluia.
Ditosos os pobres no espírito
porque deles é o reino dos ceos.
Aleluia.
Evanxeo Lc 12, 13-21
Para quen será todo o que fixeches?
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Naquel tempo, díxolle a Xesús un que estaba entre a xente:
‑ Mestre, dille a meu irmán que reparta a herdanza comigo.
El contestoulle:
‑ Home, quen me nomeou xuíz ou testamenteiro entre vós?
E logo díxolle á xente:
‑ Atención: gardádevos da cobiza, que por moito que un teña non por iso a súa vida depende dos seus bens.
E propúxolles unha parábola:
‑ As terras de certo home rico déranlle moito froito. Púxose entón a cavilar: «Como vou facer, que non teño onde meter o froito?» E dixo: «Xa o sei: vou desfacer os meus celeiros, e constrúo outros máis grandes e alí meto o trigo todo e todos os meus bens. Logo direime a min mesmo: Amigo, xa tes aí reservas para moitos anos; descansa, come, bebe e, a vivir!» Pero Deus díxolle: «Insensato, esta mesma noite váiseche reclamar a túa vida: para quen será todo o que fixeches?»
Así é quen atesoura riquezas para si, pero non é rico para Deus.
Palabra do Señor R/. Loámoste, Cristo
CASTELLANO
Primera lectura
Lectura del libro del Eclesiastés (1,2;2,21-23):
¡Vanidad de vanidades!, —dice Qohélet—. ¡Vanidad de vanidades; todo es vanidad!
Hay quien trabaja con sabiduría, ciencia y acierto, y tiene que dejarle su porción a uno que no ha trabajado. También esto es vanidad y grave dolencia.
Entonces, ¿qué saca el hombre de todos los trabajos y preocupaciones que lo fatigan bajo el sol?
De día su tarea es sufrir y penar; de noche no descansa su mente. También esto es vanidad.
Palabra de Dios
Salmo
Sal 89
R/. Señor, tú has sido nuestro refugio de generación en generación.
V/. Tú reduces el hombre a polvo,
diciendo: «Retornad, hijos de Adán».
Mil años en tu presencia son un ayer que pasó;
una vela nocturna. R/.
V/. Si tú los retiras
son como un sueño,
como hierba que se renueva
que florece y se renueva por la mañana,
y por la tarde la siegan y se seca. R/.
V/. Enséñanos a calcular nuestros años,
para que adquiramos un corazón sensato.
Vuélvete, Señor, ¿hasta cuando?
Ten compasión de tus siervos. R/.
V/. Por la mañana sácianos de tu misericordia,
y toda nuestra vida será alegría y júbilo.
Baje a nosotros la bondad del Señor
y haga prósperas las obras de nuestras manos.
Sí, haga prósperas las obras de nuestras manos. R/.
Segunda lectura
Lectura de la carta del apóstol san Pablo a los Colosenses (3,1-5.9-11):
Hermanos:
Si habéis resucitado con Cristo, buscad los bienes de allá arriba, donde Cristo está sentado a la derecha de Dios; aspirad a los bienes de arriba, no a los de la tierra.
Porque habéis muerto; y vuestra vida está con Cristo escondida en Dios. Cuando aparezca Cristo, vida vuestra, entonces también vosotros apareceréis gloriosos, juntamente con él.
En consecuencia, dad muerte a todo lo terreno que hay en vosotros: la fornicación, la impureza, la pasión, la codicia y la avaricia, que es una idolatría.
¡No os mintáis unos a otros!: os habéis despojado del hombre viejo, con sus obras, y os habéis revestido de la nueva condición que, mediante el conocimiento, se va renovando a imagen de su Creador, donde no hay griego y judío, circunciso e incircunciso, bárbaro, escita, esclavo y libre, sino Cristo, que lo es todo, y en todos.
Palabra de Dios
Evangelio del domingo
Lectura del santo evangelio según san Lucas (12,13-21):
EN aquel tiempo, dijo uno de entre la gente a Jesús:
«Maestro, dije a mi hermano que reparta conmigo la herencia».
Él le dijo:
«Hombre, ¿quién me ha constituido juez o árbitro entre vosotros?».
Y les dijo:
«Mirad: guardaos de toda clase de codicia. Pues, aunque uno ande sobrado, su vida no depende de sus bienes».
Y les propuso una parábola:
«Las tierras de un hombre rico produjeron una gran cosecha. Y empezó a echar cálculos, diciéndose:
“¿Qué haré? No tengo donde almacenar la cosecha”. Y se dijo:
“Haré lo siguiente: derribaré los graneros y construiré otros más grandes, y almacenaré allí todo el trigo y mis bienes. Y entonces me diré a mí mismo: alma mía, tienes bienes almacenados para muchos años; descansa, come, bebe, banquetea alegremente”.
Pero Dios le dijo:
“Necio, esta noche te van a reclamar el alma, y ¿de quién será lo que has preparado?”.
Así es el que atesora para SÍ y no es rico ante Dios».
Palabra del Señor