GALEGO
Primeira Lectura Is 40, 1-5. 9-11
Preparade o camiño do Señor
LECTURA DO LIBRO DO PROFETA ISAÍAS
Consolade, consolade o meu pobo, di o voso Deus.
Faládelle ao corazón de Xerusalén; si, dicídelle ben alto
que a súa milicia está cumprida, que a pena pola súa culpa está aceptada.
Si, xa recibiu da man do Señor o dobre por todos os seus pecados.
Unha voz clama:
“No deserto preparádelle o camiño ao Señor.
Endereitádelle na estepa a calzada ao noso Deus.
Que todo val sexa levantado, que todo monte e outeiro sexa rebaixado,
que a terra fragosa se volva unha chaira e as ladeirasun val achanzado.
Pois vaise revelar a gloria do Señor, e toda carne verá o Único.
Falou a boca do Señor”.
Sube a un monte alto, mensaxeira de Sión,
levanta con forza a túa voz, mensaxeira de Xerusalén,
levántaa, non teñas medo.
Dilles ás cidades de Xudá: “Velaí o noso Deus”.
Velaí o meu Señor que chega con poder; si, o seu brazo domina.
Velaí a súa paga con el,
o seu xornal diante del.
Igual ca un pastor, pastorea o seu rabaño, recólleo co seu brazo,
leva os añiños no seo e protexe os que aínda maman.
Palabra do Señor R.:Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL Sal 84, 9ab-10. 11-12. 13-14
R.: (8)Amósanos, Señor, a túa misericordia, e dános a túa salvación.
Escoitarei o que di o noso Deus:
certamente o Señor fala de paz.
A salvación está xa preto dos que o temen,
a gloria habitará na nosa terra.
A misericordia e a fidelidade atoparanse,
abrazaranse a xustiza e mais a paz.
Na terra xermolará a fidelidade,
a xustiza ollará desde o ceo.
O Señor ha dar os seus bens,
e a nosa terra vai dar os seus froitos.
A xustiza camiñará diante del,
e a salvación seguirá as súas pegadas.
Segunda Lectura 2 Pe 3, 8-14
Esperamos uns ceos novos e unha terra nova
LECTURA DA SEGUNDA CARTA DO APÓSTOLO SAN PEDRO
Benqueridos irmáns:
Que non vos esqueza unha cousa, que para o Señor un día élle coma mil anos e mil anos sonlle coma un día. Non está retrasando Deus o cumprimento do que prometeu, aínda que algúns o crean así, o que pasa é que ten paciencia convosco, porque non quere que ninguén pereza, senón que a todos lles dea tempo a se converteren.
Máis ben o día do Señor virá coma un ladrón. Daquela os ceos desaparecerán con estrondo, os elementos disolveranse abrasados de calor e a terra e todas as obras que hai nela nin se atoparán.
Xa que todo isto se ha disolver desta maneira,con que santo xeito e prácticas de piedade tedes que vivir mentres esperades e suspirades pola chegada do día de Deus!
Porque é neste día cando os ceos incendiados se han disolver e os elementos abrasados de calor se han derreter.
Pero nós, conforme á súa promesa, esperamos un ceo novo e unha terra nova, onde exista a xustiza.
Por iso, meus amigos, mentres agardades isto, collede a peito que El vos atope en paz, sen tacha nin defecto.
Palabra do Señor R.:Grazas a Deus
ALELUIA Lc 3, 4. 6
Se non se canta, pódese omitir.
Aleluia, aleluia.
Preparade os camiños do Señor
endereitade os seus carreiros;
todos verán a salvación de Deus.
Aleluia.
Evanxeo Mc 1, 1-8
Endereitade os vieiros do Señor
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
Comezo do Evanxeo de Xesús Cristo Fillo de Deus.
Como está escrito no profeta Isaías:
“Mira, mándoche por diante un mensaxeiro,
para que prepare o teu camiño;
voz de quen clama no deserto:
“Preparade o camiño do Señor,
endereitade os seus vieiros”.
Presentouse Xoán Bautista no deserto, pregoando un bautismo de conversión para perdón dos pecados. E ía onda el xente de toda a rexión de Xudea e todos os de Xerusalén, confesaban os seus pecados e el bautizábaos no río Xordán.
Xoán ía vestido con pelos de camelo e cun cinguideiro de coiro arredor do van, e mantíñase de saltóns e mel bravo.
E proclamaba:
— Detrás miña está a chegar o que é máis forte ca min, diante de quen non son digno de prostrarme para lle desatar os amallós do seu calzado. Eu bauticeivos con auga, pero el havos bautizar no Espírito Santo.
Palabra do Señor R.: Loámoste, Cristo
CASTELLANO
Primera lectura
Lectura del libro de Isaías (40,1-5.9-11):
«Consolad, consolad a mi pueblo, –dice vuestro Dios–; hablad al corazón de Jerusalén, gritadle, que se ha cumplido su servicio, y está pagado su crimen, pues de la mano del Señor ha recibido doble paga por sus pecados.»
Una voz grita: «En el desierto preparadle un camino al Señor; allanad en la estepa una calzada para nuestro Dios; que los valles se levanten, que montes y colinas se abajen, que lo torcido se enderece y lo escabroso se iguale. Se revelará la gloria del Señor, y la verán todos los hombres juntos –ha hablado la boca del Señor–.»
Súbete a un monte elevado, heraldo de Sión; alza fuerte la voz, heraldo de Jerusalén; álzala, no temas, di a las ciudades de Judá: «Aquí está vuestro Dios. Mirad, el Señor Dios llega con poder, y su brazo manda. Mirad, viene con él su salario, y su recompensa lo precede. Como un pastor que apacienta el rebaño, su brazo lo reúne, toma en brazos los corderos y hace recostar a las madres.»
Palabra de Dios
Salmo
Sal 84,9ab-10.11-12.13-14
R/. Muéstranos, Señor, tu misericordia y danos tu salvación
Voy a escuchar lo que dice el Señor:
«Dios anuncia la paz a su pueblo y a sus amigos.»
La salvación está ya cerca de sus fieles,
y la gloria habitará en nuestra tierra. R/.
La misericordia y la fidelidad se encuentran,
la justicia y la paz se besan;
la fidelidad brota de la tierra,
y la justicia mira desde el cielo. R/.
El Señor nos dará la lluvia,
y nuestra tierra dará su fruto.
La justicia marchará ante él,
la salvación seguirá sus pasos. R/.
Segunda lectura
Lectura de la segunda carta del apóstol san Pedro (3,8-14):
No perdáis de vista una cosa: para el Señor un día es como mil años, y mil años como un día. El Señor no tarda en cumplir su promesa, como creen algunos. Lo que ocurre es que tiene mucha paciencia con vosotros, porque no quiere que nadie perezca, sino que todos se conviertan. El día del Señor llegará como un ladrón. Entonces el cielo desaparecerá con gran estrépito; los elementos se desintegrarán abrasados, y la tierra con todas sus obras se consumirá. Si todo este mundo se va a desintegrar de este modo, ¡qué santa y piadosa ha de ser vuestra vida! Esperad y apresurad la venida del Señor, cuando desaparecerán los cielos, consumidos por el fuego, y se derretirán los elementos. Pero nosotros, confiados en la promesa del Señor, esperamos un cielo nuevo y una tierra nueva en que habite la justicia. Por tanto, queridos hermanos, mientras esperáis estos acontecimientos, procurad que Dios os encuentre en paz con él, inmaculados e irreprochables.
Palabra de Dios
Evangelio del domingo
Lectura del santo evangelio según san Marcos (1,1-8):
Comienza el Evangelio de Jesucristo, Hijo de Dios. Está escrito en el profeta Isaías: «Yo envío mi mensajero delante de ti para que te prepare el camino. Una voz grita en el desierto: «Preparad el camino del Señor, allanad sus senderos.»»
Juan bautizaba en el desierto; predicaba que se convirtieran y se bautizaran, para que se les perdonasen los pecados. Acudía la gente de Judea y de Jerusalén, confesaban sus pecados, y él los bautizaba en el Jordán. Juan iba vestido de piel de camello, con una correa de cuero a la cintura, y se alimentaba de saltamontes y miel silvestre.
Y proclamaba: «Detrás de mí viene el que puede más que yo, y yo no merezco agacharme para desatarle las sandalias. Yo os he bautizado con agua, pero él os bautizará con Espíritu Santo.»
Palabra del Señor