GALEGO
PRIMEIRA LECTURA
Ez 47, 1-2. 8-9. 12
Vin que saía auga do templo e o de chegaba esta auga facía revivir todo o lugar
Logo fíxome volver á entrada do templo, e velaí que debaixo do vestíbulo do templo saía auga cara ó nacente, pois a fachada do templo daba ó nacente e a auga baixaba polo lado dereito do templo, ó sur do altar. Logo fíxome saír pola porta do norte e da-la volta polo exterior ata a porta exterior, que mira ó nacente, e velaí que a auga ía correndo pola ladeira dereita.
Entón díxome:
Esta auga está correndo cara á bisbarra do nacente, e baixará sobre a Arabah e entrará no mar Morto; estas augas conducidas cara ó mar, quedarán de certo saneadas. E todo ser vivente, que rebula en calquera lugar onde vai tal río, vivirá; peixes haberaos abondo, pois estas augas chegarán alí e farán revivir todo o lugar: onde desemboque o río haberá vida.
A beira do río, nunha marxe e noutra,
medrará toda clase de árbores froiteiras:
a súa follaxe non murchará,
e a súa froita non acabará,
senón que cada mes dará unha nova colleita,
pois as augas do río
son as que saen do santuario;
por isto a súa froita servirá para comer,
e as súas follas servirán para remedios.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
SAL. RESP.
Sal 45, 2-3. 5-6. 8-9 …
As correntes dun río alegran a cidade de Deus, a morada santa do Altísimo
Deus é para nós refuxio e forza,
axuda certa na angustia.
Por iso non tememos, aínda que a terra trema
e os montes abalen cara ó mar;
Un río: as súas correntes alegran a cidade de Deus,
a morada santa do Altísimo.
Deus está no medio dela, e non pode caer,
Deus socórrea, ó despunta-lo día.
O Señor dos exércitos está connosco,
o noso castelo é o Deus de Xacob.
Vinde e vede as obras do Señor,
o que fai escarmentos na terra.
LECTURA 2
1 Cor 3, 9c-11. 16-17 …
Vós sodes templo de Deus.
Na medida da gracia que Deus deu, coma un bo arquitecto, eu botei os alicerces. Outro edificou enriba. Que cadaquén olle como edifica. Pois ninguén pode poñer unha cimentación distinta da que está posta, que é Xesús Cristo.
¿Non sabedes que sodes templo de Deus e que o Espírito de Deus habita en vós? Se alguén destrúe o templo de Deus, Deus destruirao a el. Porque o templo de Deus é sagrado e iso sodes vós.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
ALELUIA 2 Cron 7, 16 …
Escollo e consagro este templo para que estea nel o meu Nome eternamente. O meu corazón e os meus ollos estarán sempre nel.
EVANXEO Xn 2, 13-22 …
Dicíao referíndose ao templo do seu corpo
Estaba a chega-la Pascua dos xudeus e subiu Xesús a Xerusalén. Atopou no templo os que vendían bois, ovellas e pombas e mailos cambistas, sentados; foi el e fixo un vergallo con cordas de xunco, botounos a todos fóra do templo e as ovellas e os bois tamén; guindou cos cartos e virou as mesas dos cambistas; e ós que vendían as pombas, díxolles:
Arredádeme de aquí estas cousas, non fagades da casa do meu Pai unha casa de negocio.
Lembráronse os seus discípulos de que estaba escrito: «O celo da túa casa devórame».
Pola súa parte, os xudeus preguntáronlle:
¿Que sinal nos mostras, para faceres estes feitos?
Respondeulles Xesús:
Derrubade este templo e erguereino en tres días.
Replicáronlle os xudeus:
Corenta e seis anos levou edificar este templo ¿e halo erguer ti en tres días?
Pero el dicíao referíndose ó templo do seu corpo. Cando se ergueu de entre os mortos, lembraron os seus discípulos o que dixera e creron na Escritura e no dito de Xesús.
Palabra do Señor R/. Loámoste, Cristo
CASTELLANO
Primera Lectura
Lectura de la profecía de Ezequiel (47,1-2.8-9.12):
En aquellos días, el ángel me hizo volver a la entrada del templo. Del zaguán del templo manaba agua hacia levante –el templo miraba a levante–. El agua iba bajando por el lado derecho del templo, al mediodía del altar. Me sacó por la puerta septentrional y me llevó a la puerta exterior que mira a levante. El agua iba corriendo por el lado derecho.
Me dijo: «Estas aguas fluyen hacia la comarca levantina, bajarán hasta la estepa, desembocarán en el mar de las aguas salobres, y lo sanearán. Todos los seres vivos que bullan allí donde desemboque la corriente, tendrán vida; y habrá peces en abundancia. Al desembocar allí estas aguas, quedará saneado el mar y habrá vida dondequiera que llegue la corriente. A la vera del río, en sus dos riberas, crecerán toda clase de frutales; no se marchitarán sus hojas ni sus frutos se acabarán; darán cosecha nueva cada luna, porque los riegan aguas que manan del santuario; su fruto será comestible y sus hojas medicinales.»
Palabra de Dios
Salmo
Sal 45,2-3.5-6.8-9
R/. El correr de las acequias alegra la ciudad de Dios,
el Altísimo consagra su morada
Dios es nuestro refugio y nuestra fuerza,
poderoso defensor en el peligro.
Por eso no tememos aunque tiemble la tierra,
y los montes se desplomen en el mar. R/.
El correr de las acequias alegra la ciudad de Dios,
el Altísimo consagra su morada.
Teniendo a Dios en medio, no vacila;
Dios la socorre al despuntar la aurora. R/.
El Señor de los ejércitos está con nosotros,
nuestro alcázar es el Dios de Jacob.
Venid a ver las obras del Señor,
las maravillas que hace en la tierra:
pone fin a la guerra hasta el extremo del orbe. R/.
Segunda Lectura
Lectura de la primera carta del apóstol san Pablo a los Corintios (3,9c-11.16-17):
Sois edificio de Dios. Conforme al don que Dios me ha dado, yo, como hábil arquitecto, coloqué el cimiento, otro levanta el edificio. Mire cada uno cómo construye. Nadie puede poner otro cimiento fuera del ya puesto, que es Jesucristo. ¿No sabéis que sois templo de Dios y que el Espíritu de Dios habita en vosotros? Si alguno destruye el templo de Dios, Dios lo destruirá a él; porque el templo de Dios es santo: ese templo sois vosotros.
Palabra de Dios
Evangelio de hoy
Lectura del santo evangelio según san Juan (2,13-22):
Se acercaba la Pascua de los judíos, y Jesús subió a Jerusalén.
Y encontró en el templo a los vendedores de bueyes, ovejas y palomas, y a los cambistas sentados; y, haciendo un azote de cordeles, los echó a todos del templo, ovejas y bueyes; y a los cambistas les esparció las monedas y les volcó las mesas; y a los que vendían palomas les dijo: «Quitad esto de aquí; no convirtáis en un mercado la casa de mi Padre.»
Sus discípulos se acordaron de lo que está escrito: «El celo de tu casa me devora.»
Entonces intervinieron los judíos y le preguntaron: «¿Qué signos nos muestras para obrar así?»
Jesús contestó: «Destruid este templo, y en tres días lo levantaré.»
Los judíos replicaron: «Cuarenta y seis años ha costado construir este templo, ¿y tú lo vas a levantar en tres días?»
Pero él hablaba del templo de su cuerpo. Y, cuando resucitó de entre los muertos, los discípulos se acordaron de que lo había dicho, y dieron fe a la Escritura y a la palabra que había dicho Jesús.
Palabra del Señor