GALEGO
Primeira Lectura Xén 3, 9-15
Poño hostilidade entre a túa liñaxe e a liñaxe da muller
LECTURA DO LIBRO DA XÉNESE
Despois de que o home comeu da árbore, o Señor Deus chamou por el, preguntándolle:
– Onde estás?
Respondeu o home:
– Oínte no xardín e, como me vin espido, tiven medo e agacheime.
Preguntoulle o Señor Deus:
– Quen te informou de que estabas espido? É que comiches da árbore da que che prohibira comer?
Respondeulle o home:
– A muller que me deches por compañeira, ela ofreceume do froito, e comín.
O Señor díxolle á muller:
– Que é o que fixeches?
E a muller respondeu:
– A serpe enganoume, e comín.
Entón o Señor Deus díxolle á serpe:
– Porque fixeches isto, maldita sexas entre os animais e as feras todas do monte. Andarás arrastrada e comerás po toda a túa vida. Poño hostilidade entre ti e a muller, entre a túa liñaxe e a súa liñaxe; esta esmagarache a cabeza e ti tentarás atinxirlle o calcañar.
Palabra do Señor R.: Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL Sal 129, 1-2. 3-4ab. 4c-6. 7-8
R.: (7)Do Señor vén a misericordia e nel a redención é cumprida.
Desde os abismos clamo a ti, Señor;
Señor, escoita a miña voz.
Ten atentos os oídos
á voz da miña súplica.
Se levas conta dos pecados, Señor,
Señor, quen poderá terse en pé?
Mais en ti está o perdón
para te faceres respectar.
Eu espero no Señor,
a miña alma espera na súa palabra;
a miña alma agarda o Señor,
máis do que os vixías a aurora.
Agarde Israel ao Señor,
máis do que os vixías a aurora,
pois do Señor vén a misericordia
e nel a redención é cumprida.
El é quen redime a Israel
de todos os pecados.
Segunda Lectura 2 Cor 4, 13-5, 1
Cremos, por iso falamos
LECTURA DA SEGUNDA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS CORINTIOS
Irmáns:
Mantendo o mesmo espírito de fe, segundo o que está escrito “creo e por iso falo”,tamén nós cremos e por iso falamos, sabedores de que Aquel que resucitou a Xesúsnos ha resucitar tamén a nós con Xesús e nos ha colocar convosco onda el.
Todo isto acontece por causa vosa, de modo que, ao estenderse a graza, se multiplique o número dos agradecidos, para gloria de Deus.
Por iso non nos apoucamos. Aínda que o noso exterior vai esmorecendo, o interior, todo o contrario, renóvase de días a días. Os sufrimentos transitorios e leves prepárannos a unha inmensa carga de gloria eterna por riba de toda medida.
Non poñemos as nosas olladas nas cousas que se ven, senón nas que non se ven; porque as que se ven son efémeras, mentres que as que non se ven son eternas.
E sabemos que, se a cabana da nosa morada terrestre se derrubase, contamos cunha edificación de Deus no ceo, unha casa eterna, non feita por mans de homes.
Palabra do Señor R.: Grazas a Deus
ALELUIA Xn 12, 31b-32
Se non se canta, pódese omitir.
Aleluia, aleluia.
Agora vai ser expulsado o príncipe deste mundo, di o Señor;
e eu, cando sexa levantado da terra,
atraerei a todos a min.
Aleluia.
Evanxeo Mc 3, 20-35
Satán está perdido
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
Naquel tempo, foi Xesús cos seus discípulos para a casa; alí xuntouse de novo tanta xente que nin podían comer. E cando o souberon os seus parentes foron buscalo á forza porque a xente dicía que perdera o sentido.
Os letrados que baixaran de Xerusalén, dicían: “Ten dentro a Belcebú, bota fóra os demoños co poder do príncipe dos demoños”. El chamou por eles e púxolles estas comparanzas:
— Como pode Satanás botar a Satanás? Se un reino está dividido en contra de si mesmo, non se pode manter en pé. Se unha casa está dividida en contra de si mesma, non pode subsistir. Así que, se Satanás está dividido e loita contra si mesmo, non pode subsistir e está perdido.
Ninguén pode entrar na casa dun home fortee roubarlle canto ten se primeiro non o amarra, só entón poderá arramplar con canto hai na casa.
Tede por seguro que todo se lles perdoará aos homes, os pecados e cantas blasfemias digan, pero a quen blasfeme contra o Espírito Santo nunca se lle perdoará e cargará eternamente co seu pecado.
Isto dicíao porque eles acusábano de que tiña dentro un espírito malo.
Nisto chegan súa nai e mais os seus irmáns e mandárono chamar desde fóra. Era moita a xente que estaba sentada arredor del, e fóronlle dicir:
— Aí fóra están túa nai e mais teus irmáns, que te veñen buscar.
El respondeu:
— Quen é miña naie quen son meus irmáns?
E mirando os que estaban sentados arredor del, dixo:
— Velaí a miña nai e mais os meus irmáns, pois o que cumpra a vontade de Deus, ese é o meu irmán, a miña irmá e miña nai.
Palabra do Señor R.: Loámoste, Cristo
CASTELLANO
Primera Lectura
Lectura del libro del Génesis. [Gén 39-15]
CUANDO Adán comió del árbol, el Señor Dios lo llamó y le dijo:
«¿Dónde estás?».
Él contestó:
«Oí tu ruido en el jardín, me dio miedo, porque estaba desnudo, y me escondí».
El Señor Dios le replicó:
«¿Quién te informó de que estabas desnudo?, ¿es que has comido del árbol del que te prohibí comer?».
Adán respondió:
«La mujer que me diste como compañera me ofreció del fruto y comí».
El Señor Dios dijo a la mujer:
«¿Qué has hecho?».
La mujer respondió:
«La serpiente me sedujo y comí».
El Señor Dios dijo a la serpiente:
«Por haber hecho eso, maldita tú
entre todo el ganado y todas las fieras del campo;
te arrastrarás sobre el vientre
y comerás polvo toda tu vida;
pongo hostilidad entre ti y la mujer,
entre tu descendencia y su descendencia;
esta te aplastará la cabeza cuando tú la hieras en el talón».
Palabra de Dios.
Salmo
Salmo responsorial: Sal 129, 1b-2. 3-4. 5-7ab. 7cd-8 (R/.: 7cd)
R/. Del Señor viene la misericordia, la redención copiosa.
V/. Desde lo hondo a ti grito, Señor;
Señor, escucha mi Voz;
estén tus oídos atentos
a la voz de mi súplica. R/.
V/. Si llevas cuenta de los delitos, Señor,
¿quién podrá resistir?
Pero de ti procede el perdón,
y así infundes temor. R/.
V/. Mi alma espera en el Señor,
espera en su palabra;
mi alma aguarda al Señor,
más que el centinela la aurora.
Aguarde Israel al Señor,
como el centinela la aurora. R/.
V/. Porque del Señor viene la misericordia,
la redención copiosa;
y él redimirá a Israel
de todos sus delitos. R/.
Segunda Lectura
Lectura de la segunda carta del apóstol san Pablo a los Corintios. [2 Cor 4, 13 — 5, 1]
HERMANOS:
Teniendo el mismo espíritu de fe, según lo que está escrito: «Creí, por eso hablé», también nosotros creemos y por eso hablamos; sabiendo que quien resucitó al Señor Jesús también nos resucitará a nosotros con Jesús y nos presentará con vosotros ante él.
Pues todo esto es para vuestro bien, a fin de que cuantos más reciban la gracia, mayor sea el agradecimiento, para gloria de Dios.
Por eso, no nos acobardamos, sino que, aun cuando nuestro hombre exterior se vaya desmoronando, nuestro hombre interior se va renovando día a día.
Pues la leve tribulación presente nos proporciona una inmensa e incalculable carga de gloria, ya que no nos fijamos en lo que se ve, sino en lo que no se ve; en efecto, lo que se ve es transitorio; lo que no se ve es eterno.
Porque sabemos que si se destruye esta nuestra morada terrena, tenemos un sólido edificio que viene de Dios, una morada que no ha sido construida por manos humanas, es eterna y está en los cielos.
Palabra de Dios.
Evangelio
Lectura del santo Evangelio según san Marcos. [Mc 3, 20-35]
EN aquel tiempo, Jesús llegó a casa con sus discípulos y de nuevo se juntó tanta gente que no los dejaban ni comer. Al enterarse su familia, vinieron a llevárselo, porque se decía que estaba fuera de sí.
Y los escribas que habían bajado de Jerusalén decían:
«Tiene dentro a Belzebú y expulsa a los demonios con el poder del jefe de los demonios».
El los invitó a acercarse y les hablaba en parábolas:
«¿Cómo va a echar Satanás a Satanás? Un reino dividido internamente no puede subsistir; una familia dividida no puede subsistir. Si Satanás se rebela contra sí mismo, para hacerse la guerra, no puede subsistir, está perdido. Nadie puede meterse en casa de un hombre forzudo para arramblar con su ajuar, si primero no lo ata; entonces podrá arramblar con la casa.
En verdad os digo, todo se les podrá perdonar a los hombres: los pecados y cualquier blasfemia que digan; pero el que blasfeme contra el Espíritu Santo no tendrá perdón jamás, cargará con su pecado para siempre».
Se refería a los que decían que tenía dentro un espíritu inmundo.
Llegan su madre y sus hermanos y, desde fuera, lo mandaron llamar.
La gente que tenía sentada alrededor le dice:
«Mira, tu madre y tus hermanos y tus hermanas están fuera y te buscan».
Él les pregunta:
«Quiénes son mi madre y mis hermanos?».
Y mirando a los que estaban sentados alrededor, dice:
«Estos son mi madre y mis hermanos. El que haga la voluntad de Dios, ese es mi hermano y mi hermana y mi madre».
Palabra del Señor.