A Palabra no Domingo XXXIII do Tempo Ordinario – Ciclo C

con claríns e co son das trompetas

aclamade o Señor, noso rei.

Resoe o mar e canto o enche,

o mundo e cantos o habitan;

aplaudan os ríos,

alédense os montes.

Diante do Señor,

que vén para rexer a terra.

El rexerá o mundo con xustiza

e os pobos con rectitude.

Segunda Lectura     2 Tes 3, 7-12

O que non queira traballar, que tampouco coma

            Eles preguntáronlle:

            ‑ Mestre, dinos, cando van pasar estas cousas? Cal será o signo de que van suceder?

            El empezoulles a dicir:

            ‑ Estade atentos, para non vos extraviar. Porque han vir moitos no meu nome, dicindo: «son eu» e «está a chegar o momento», pero non os sigades. Cando oiades falar de guerras e desordes, non vos asustedes; que iso ten certamente que acontecer primeiro, pero aínda non será a fin.

            Entón díxolles:

            ‑ Erguerase pobo contra pobo, reino contra reino; haberá grandes terremotos, pestes e fames en diversos lugares; cousas espantosas, e grandes sinais no ceo. Pero antes de todo isto botaranse sobre vós, perseguíndovos: levaranvos ás sinagogas e á cadea, ante reis e gobernadores por causa miña; así teredes a oportunidade de dar testemuño.

            Metede ben na cabeza que non tedes que preocuparvos pola vosa defensa, que eu vos darei unha elocuencia e mais unha sabedoría que non poderán resistir nin replicar os vosos adversarios.

            Entregaranvos vosos mesmos pais, irmáns, parentes e amigos. Mataranvos a algúns de vós, e todos vos aborrecerán por causa miña, e mais non perderedes nin un pelo da vosa cabeza. Coa vosa perseveranza, salvaredes as vosas vidas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *