A Palabra no 4º Domingo de Coresma – Ciclo A

GALEGO

LECTURA DO LIBRO PRIMEIRO DE SAMUEL

Primeira Lectura    1 Sam 16, 1b. 6-7. 10-13a

David é unxido como rei de Israel

            Naqueles días, díxolle o Señor a Samuel:

            ‑ Enche o corno de óleo e vaite, de parte miña, onda Iexé, o de Belén, pois escollín entre os seus fillos un rei para min.

            Cando chegou a Belén, viu a Eliab e pensou:

            ‑ «De seguro que o Señor ten diante de si o seu unxido».

            Pero o Señor díxolle a Samuel:

            ‑ «Non te fixes no seu aspecto, nin na súa moita estatura. Ese téñoo excluído, pois Deus non olla como os homes. Os homes ven as aparencias, pero Deus ve o corazón».

            Iexé fixo pasar a sete dos seus fillos á vista de Samuel e Samuel dixo:

            ‑ «Ningún destes é o escollido do Señor».

            Samuel preguntoulle a Iexé:

            ‑ «Xa non tes máis rapaces?» E el respondeulle:

            ‑ «Queda aínda o pequeno, que está gardando as ovellas».

            Samuel díxolle:

            ‑ «Pois manda que o traian, xa que non nos sentaremos á mesa ata que el chegue». Iexé mandou que o fosen buscar.

            Era louro, de ollos fermosos e de bo parecer.

            O Señor dixo a Samuel:

            ‑ «Érguete e únxeo, pois é este».

            Samuel colleu o corno do óleo e unxiuno diante dos seus irmáns.

Palabra do Señor

SALMO RESPONSORIAL      Sal 22, 1-3a. 3b-4. 5. 6

R/. (1): O Señor é o meu pastor: nada me falta.

O Señor é o meu pastor, nada me falta:

En pastos verdecentes faime repousar.

El lévame a beber en augas tranquilas

e repón as miñas forzas;

Guíame por vereas rectas,

por mor do seu nome.

Se tiver de pasar por valgadas sombrizas,

ningún mal temería, pois ti vas comigo:

o teu bastón e o teu caxato son o meu sosego.

Ti pos para min a mesa,

á cara dos meus inimigos;

únxesme con perfume a cabeza,

e a miña copa reborda.

O teu benquerer e a túa misericordia vanme seguindo

tódolos días da miña vida.

Eu habitarei na casa do Señor

por días prolongados sen fin.

LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS EFESIOS

Segunda Lectura     Ef 5, 8-14

Érguete de entre os mortos e hate iluminar Cristo

            Irmáns:

            Antes erades tebras, pero agora sodes luz no Señor. Así que andade coma fillos da luz, (porque o froito da luz é toda bondade, xustiza e verdade), tendo en conta o que agrada ao Señor.

            E non compartades as obras estériles das tebras; polo contrario, evidenciádeas, que do realizado por eses tales ás agachadas dá vergonza mesmo falar.

            Pero todo iso, cando o delata a luz, queda ao descuberto, pois todo o que se manifesta é luz. Por iso di a Escritura:

            Acorda, ti que estás a durmir,

érguete de entre os mortos

e Cristo iluminarate.

Palabra do Señor

VERSÍCULO     Xn 8, 12

Eu son a luz do mundo, di o Señor;

quen me segue, terá a luz da vida.

LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Evanxeo     Xn 9, 1-41  (longo)

Foise, e lavouse, e volveu vendo

            Naquel tempo, ao pasar, Xesús viu a un cego de nacemento. Entón preguntáronlle os seus discípulos:

            ‑ Mestre, quen pecou, para que nacese cego: el ou seus pais?

            Xesús respondeu:

            ‑ Nin pecou el nin os seus pais, senón que está cego para que se mostren nel as obras de Deus. Precisamos facer as obras do que me mandou mentres é día; está a chegar a noite e daquela ninguén pode traballar. Mentres eu estou no mundo, son a luz do mundo.

            Dito isto, cuspiu na terra e fixo lama co cuspe e untouna polos ollos do cego, dicíndolle:

            ‑ Vaite lavar na piscina de Siloé (que quere dicir «enviado»).

            El foi, lavouse e volveu con vista. Entón os veciños e os que antes o viran andar a pedir preguntaban:

            ‑ Non é este o que estaba sentado a pedir?

            Uns dicían: «éche o mesmo»; outros, «non, é un que se lle asemella»; e el dicía: «son eu».

            Entón preguntábanlle:

            ‑ Daquela, como se che abriron os ollos?

            El respondeu:

            ‑ O home que se chama Xesús fixo lama, untoume os ollos, e díxome: «Vai a Siloé e lávate». Entón fun e, ao que me lavei, comecei a ver.

            Preguntáronlle:

            ‑ Onde está ese?

            El contestou:

            ‑ Non o sei.

            Levaron onda os fariseos o que fora cego. (Era sábado o día que Xesús fixera lama e lle abrira os ollos). E outra vez lle preguntaban tamén os fariseos como chegara a ver. El respondeulles:

            ‑ Untoume lama polos ollos, laveime e vexo.

            Algúns dos fariseos dicían: «Este home non vén de Deus, que non garda o sábado». Outros, en cambio, dicían: «Como ía poder un home pecador facer estes sinais?» E había división entre eles.

            Entón preguntáronlle outra vez ao cego:

            ‑ A ti que che parece ese home que lles deu a vista aos teus ollos?

            El contestou:

            ‑ Que é un profeta.

            Os xudeus non lle creron que fose cego e que chegase a ver, ata que chamaron polos seus pais e lles preguntaron:

            ‑ É este o voso fillo, o que vós dicides que naceu cego? Logo, como é que agora ve?

            Os pais responderon:

            ‑ Nós sabemos que este é o noso fillo e que naceu cego: como é que agora ve, non o sabemos; nin sabemos tampouco quen lle deu a vista. Preguntádelle a el, que ten anos para falar en por si.

            (Isto dixérono os pais, porque lles tiñan medo aos xudeus, pois xa se puxeran de acordo en que, se alguén o recoñecía como Mesías, botábano da sinagoga. Por isto dixeron seus pais: «Ten idade, preguntádelle a el»).

            Chamaron por segunda vez polo home que fora cego e dixéronlle:

            ‑ Dá gloria a Deus: nós sabemos que ese home é un pecador.

            El entón respondeu:

            ‑ Eu non sei se é un pecador; só sei unha cousa: que eu antes era cego e que agora vexo.

            Dixéronlle entón:

            ‑ Pero, que foi o que che fixo? Como che deu a vista?

            Respondeulles:

            ‑ Xa volo dixen e non me fixestes caso. Por que queredes oílo outra vez? Ou é que tamén queredes facervos discípulos del?

            Eles enchérono de aldraxes e dixéronlle:

            ‑Serás ti discípulo del; nós somos discípulos de Moisés. Nós sabemos que a Moisés lle falou Deus; deste, polo contrario, non sabemos de onde é.

            O home replicoulles:

            ‑ Pois nisto precisamente está o admirable: en que vós non sabedes de onde é e el deulles a vista aos meus ollos. Sabemos que Deus non escoita os pecadores, pero se un é piadoso e fai a súa vontade, a ese escóitao. Endexamais se soubo de ninguén que dese vista a un cego de nacemento: se este non viñese de Deus, non podería facer nada.

            Respondéronlle eles:

            ‑ Ti naciches todo metido en pecados, e vasnos ensinar a nós?

            E botárono fóra.

            Oíu Xesús que o botaran fóra, buscouno e preguntoulle:

            ‑ Cres ti no Fillo do Home?

            El respondeulle:

            ‑ E quen é, Señor, para que crea nel?

            Díxolle Xesús:

            ‑ Éche o mesmo que estás vendo e que está a falar contigo.

            El dixo:

            ‑ Creo, Señor.

            E prostrouse diante del.

            Entón dixo Xesús:

            ‑ Para realizar un xuízo vin eu a este mundo: para que os que non ven, vexan; e os que ven, se volvan cegos.

            Oíron isto algúns dos fariseos que estaban onda el, e preguntáronlle:

            ‑ E, logo, nós tamén estamos cegos?

            Xesús contestoulles:

            ‑ Se estivésedes cegos, non teriades pecado; mais, como dicides que vedes, o voso pecado permanece.

Palabra do Señor

______________________________________________________________________

Ou máis breve:  1. 6-9. 13-17. 34-38

LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

            Naquel tempo, ao pasar, Xesús viu a un cego de nacemento. Cuspiu na terra e fixo lama co cuspe e untouna polos ollos do cego, dicíndolle:

            ‑ Vaite lavar na piscina de Siloé (que quere dicir «enviado»). El foi, lavouse e volveu con vista. Entón os veciños e os que antes o viran andar a pedir preguntaban:

            ‑ Non é este o que estaba sentado a pedir?

            Uns dicían: «éche o mesmo»; outros, «non, é un que se lle asemella»; e el dicía: «son eu».

            Levaron onda os fariseos o que fora cego. (Era sábado o día que Xesús fixera lama e lle abrira os ollos). E outra vez lle preguntaban tamén os fariseos como chegara a ver. El respondeulles:

            ‑ Untoume lama polos ollos, laveime e vexo.

            Algúns dos fariseos dicían: «Este home non vén de Deus, que non garda o sábado». Outros, en cambio, dicían: «Como ía poder un home pecador facer estes sinais?» E había división entre eles.

            Entón preguntáronlle outra vez ao cego:

            ‑ A ti que che parece ese home que lles deu a vista aos teus ollos?

            El contestou:

            ‑ Que é un profeta.

            Respondéronlle eles:

            ‑ Ti naciches todo metido en pecados e vasnos ensinar a nós?

            E botárono fóra.

            Oíu Xesús que o botaran fóra, buscouno e preguntoulle:

            ‑ Cres ti no Fillo do Home?

            El respondeulle:

            ‑ E quen é, Señor, para que crea nel?

            Díxolle Xesús:

            – Éche o mesmo que estás vendo e que está a falar contigo.

            El dixo:

            ‑ Creo, Señor.

            E prostrouse diante del.

Palabra do Señor

CASTELLANO

Primera lectura

Lectura del primer libro de Samuel (16,1b.6-7.10-13a):

En aquellos días, el Señor dijo a Samuel: «Llena la cuerna de aceite y vete, por encargo mío, a Jesé, el de Belén, porque entre sus hijos me he elegido un rey.»
Cuando llegó, vio a Eliab y pensó: «Seguro, el Señor tiene delante a su ungido.»
Pero el Señor le dijo: «No te fijes en las apariencias ni en su buena estatura. Lo rechazo. Porque Dios no ve como los hombres, que ven la apariencia; el Señor ve el corazón.»
Jesé hizo pasar a siete hijos suyos ante Samuel; y Samuel le dijo: «Tampoco a éstos los ha elegido el Señor.»
Luego preguntó a Jesé: «¿Se acabaron los muchachos?»
Jesé respondió: «Queda el pequeño, que precisamente está cuidando las ovejas.»
Samuel dijo: «Manda por él, que no nos sentaremos a la mesa mientras no llegue.»
Jesé mandó a por él y lo hizo entrar: era de buen color, de hermosos ojos y buen tipo.
Entonces el Señor dijo a Samuel: «Anda, úngelo, porque es éste.»
Samuel tomó la cuerna de aceite y lo ungió en medio de sus hermanos. En aquel momento, invadió a David el espíritu del Señor, y estuvo con él en adelante.

Palabra de Dios

Salmo

Sal 22,1-3a.3b-4.5.6

R/.
El Señor es mi pastor, nada me falta

El Señor es mi pastor, nada me falta:
en verdes praderas me hace recostar,
me conduce hacia fuentes tranquilas
y repara mis fuerzas. R/.

Me guía por el sendero justo,
por el honor de su nombre.
Aunque camine por cañadas oscuras,
nada temo, porque tú vas conmigo:
tu vara y tu cayado me sosiegan. R/.

Preparas una mesa ante mí,
enfrente de mis enemigos;
me unges la cabeza con perfume,
y mi copa rebosa. R/.

Tu bondad y tu misericordia
me acompañan todos los días de mi vida,
y habitaré en la casa del Señor
por años sin término. R/.

Segunda lectura

Lectura de la carta del apóstol san Pablo a los Efesios (5,8-14):

En otro tiempo erais tinieblas, ahora sois luz en el Señor. Caminad como hijos de la luz –toda bondad, justicia y verdad son fruto de la luz–, buscando lo que agrada al Señor, sin tomar parte en las obras estériles de las tinieblas, sino más bien denunciadlas. Pues hasta da vergüenza mencionar las cosas que ellos hacen a escondidas. Pero la luz, denunciándolas, las pone al descubierto, y todo lo descubierto es luz. Por eso dice: «Despierta, tú que duermes, levántate de entre los muertos, y Cristo será tu luz.»

Palabra de Dios

Evangelio del domingo

Lectura del santo evangelio según san Juan (9,1.6-9.13-17.34-38):

En aquel tiempo, al pasar Jesús vio a un hombre ciego de nacimiento. Y escupió en tierra, hizo barro con la saliva, se lo untó en los ojos al ciego y le dijo: «Ve a lavarte a la piscina de Siloé (que significa Enviado).»
Él fue, se lavó, y volvió con vista. Y los vecinos y los que antes solían verlo pedir limosna preguntaban: «¿No es ése el que se sentaba a pedir?»
Unos decían: «El mismo.»
Otros decían: «No es él, pero se le parece.»
Él respondía: «Soy yo.»
Llevaron ante los fariseos al que había sido ciego. Era sábado el día que Jesús hizo barro y le abrió los ojos. También los fariseos le preguntaban cómo había adquirido la vista.
Él les contestó: «Me puso barro en los ojos, me lavé, y veo.»
Algunos de los fariseos comentaban: «Este hombre no viene de Dios, porque no guarda el sábado.»
Otros replicaban: «¿Cómo puede un pecador hacer semejantes signos?»
Y estaban divididos. Y volvieron a preguntarle al ciego: «Y tú, ¿qué dices del que te ha abierto los ojos?»
Él contestó: «Que es un profeta.»
Le replicaron: «Empecatado naciste tú de pies a cabeza, ¿y nos vas a dar lecciones a nosotros?»
Y lo expulsaron.
Oyó Jesús que lo habían expulsado, lo encontró y le dijo: «¿Crees tú en el Hijo del hombre?»
Él contestó: «¿Y quién es, Señor, para que crea en él?»
Jesús le dijo: «Lo estás viendo: el que te está hablando, ése es.»
Él dijo: «Creo, Señor.» Y se postró ante él.

Palabra del Señor

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *