A Palabra no 4º Domingo de Advento – Ciclo A

GALEGO

LECTURA DO LIBRO DO PROFETA ISAÍAS

Primeira Lectura          Is 7, 10-14

Velaí que dá a luz

Naqueles días, o Señor volveulle falar a Acaz nestes termos:

«Pide para ti un sinal de parte do Señor, o teu Deus, nas profundidades do Xeol ou arriba nas alturas».

Respondeu Acaz:

«Non o pido, pois non quero poñer a proba o Señor».

Entón dixo Isaías:

«Escoitade vós, casa de David: Évos pouco dominar os homes, que aínda queredes dominar o meu Deus? Por isto, o meu Señor daravos El mesmo un sinal: Velaí que a virxe está en cinta e dá a luz un fillo, ao que lle pon de nome Emmanuel (que significa «Deus connosco»).

Palabra do Señor

SALMO RESPONSORIAL Sal 23, 1-2. 3-4ab. 5-6

R/. (7c e 10b): Entrará o Señor: El é o rei da gloria.

Do Señor é a terra e canto a enche,

o orbe e canto nel habita.

El é quen a fundou sobre os mares,

e quen a asegurou sobre as correntes.

Quen poderá subir ao monte do Señor?

Quen poderá quedar no seu santuario?

O que ten inocentes as mans e puro o corazón.

Ese recibirá bendición do Señor,

e xustiza de Deus, o seu salvador.

Así é a liñaxe dos que o buscan,

dos que buscan a presencia do Deus de Xacob.

LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO ÓS ROMANOS

Segunda Lectura          Rm 1, 1-7

Xesús Cristo, descendente de David, Fillo de Deus

Paulo, escravo de Cristo Xesús, chamado a ser apóstolo, escollido para o Evanxeo de Deus, que El prometera antes por medio dos seus profetas nas Escrituras Santas, e que trata do seu Fillo Xesús Cristo o noso Señor, que como home naceu da semente de David, pero que polo Espírito santificador foi constituído Fillo de Deus con pleno poder ao ser resucitado dos mortos, por quen recibímos o don de ser apóstolos, para promovermos entre todos os pobos xentís a obediencia da fe, en honor do seu nome, entre os que tamén estades vós, chamados por Xesús Cristo.

A todos os predilectos de Deus, que estades en Roma, chamados a ser santos, deséxovos graza  e paz de parte de Deus, noso Pai, e do Señor Xesús Cristo.

Palabra do Señor

ALELUIA      Mt 1, 23 

Se non se canta, pódese omitir.

Aleluia, aleluia.

Velaí que a virxe concibirá e dará a luz un fillo;

e chamaranlle Emmanuel, «Deus-connosco».

Aleluia.

LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

Evanxeo           Mt 1, 18-24

Xesús nacerá de María, desposada con Xosé, fillo de David

O nacemento de Xesús Cristo foi así: María, a súa nai, estaba prometida a Xosé; e antes de viviren xuntos apareceu ela embarazada por obra do Espírito Santo.

Xosé, o seu prometido, home xusto, non a querendo aldraxar, decidiu repudiala secretamente. Tal era a súa resolución, cando o anxo do Señor se lle apareceu en soños, dicíndolle:

‑ Xosé, fillo de David, non repares en levar contigo a María, a túa prometida; que o que nela se concibiu é obra do Espírito Santo. Dará a luz un fillo, e ti poñeraslle de nome Xesús, porque salvará o seu pobo de todos os seus pecados.

Todo isto aconteceu para que se cumprise o que dixera o Señor por boca do profeta:

Mirade: a virxe concibirá e dará a luz un fillo,

e poñeranlle de nome Emmanuel

(que quere dicir «Deus connosco»).

Acordou Xosé do seu soño, e fixo tal como lle mandara o anxo do Señor, levando consigo á súa prometida.

Palabra do Señor

CASTELLANO

Primera lectura

Lectura de la profecía de Miqueas (5,1-4):

Esto dice el Señor:
«Y tú, Belén Efratá,
pequeña entre los clanes de Judá,
de ti voy a sacar
al que ha de gobernar Israel;
sus orígenes son de antaño,
de tiempos inmemorables.
Por eso, los entregará
hasta que dé a luz la que debe dar a luz,
el resto de sus hermanos volverá
junto con los hijos de Israel.
Se mantendrá firme,
pastoreará con la fuerza del Señor,
con el dominio del nombre del Señor, su Dios;
se instalarán, ya que el Señor
se hará grande hasta el confín de la tierra.
Él mismo será la paz».

Palabra de Dios

Salmo

Sal 79,2ac.3c.15-16.18-19

R/.
Oh Dios, restáuranos,
que brille tu rostro y nos salve.


V/. Pastor de Israel, escucha,
tú que te sientas sobre querubines, resplandece;
despierta tu poder y ven a salvarnos. R/.

V/. Dios del universo, vuélvete:
mira desde el cielo, fíjate,
ven a visitar tu viña.
Cuida la cepa que tu diestra plantó,
y al hombre que tú has fortalecido. R/.

V/. Que tu mano proteja a tu escogido,
al hombre que tú fortaleciste.
No nos alejaremos de ti:
danos vida, para que invoquemos tu nombre. R/.

Segunda lectura

Lectura de la carta a los Hebreos (10,5-10):

Hermanos:
Al entrar Cristo en el mundo dice:
«Tú no quisiste sacrificios ni ofrendas,
pero me formaste un cuerpo;
no aceptaste
holocaustos ni víctimas expiatorias.
Entonces yo dije: He aquí que vengo
—pues así está escrito en el comienzo del libro acerca de mí—
para hacer, ¡oh Dios!, tu voluntad».
Primero dice: «Tú no quisiste sacrificios ni ofrendas, pero me formaste un cuerpo; no aceptaste holocaustos ni víctimas expiatorias», que se ofrecen según la ley. Después añade: «He aquí que vengo para hacer tu voluntad».
Niega lo primero, para afirmar lo segundo. Y conforme a esa voluntad todos quedamos santificados por la oblación del cuerpo de Jesucristo, hecha una vez para siempre.

Palabra de Dios

Evangelio del domingo

Lectura del santo Evangelio según San Lucas (1,39-45):

En aquellos mismos días, María se levantó y se puso en camino de prisa hacia la montaña, a un a ciudad de Judá; entró en casa de Zacarías y saludó a Isabel.
Aconteció que, en cuanto Isabel oyó el saludo de María, saltó la criatura en su vientre. Se llenó Isabel del Espíritu Santo y, levantando la voz, exclamó:
«¡Bendita tú entre las mujeres, y bendito el fruto de tu vientre! ¿Quién soy yo para que me visite la madre de mi Señor? Pues, en cuanto tu saludo llegó a mis oídos, la criatura saltó de alegría en mi vientre. Bienaventurada la que ha creído, porque lo que le ha dicho el Señor se cumplirá».
Palabra de Dios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *