A Palabra no 2º Domingo do Tempo Ordinario – Ciclo A

GALEGO

LECTURA DO LIBRO DO PROFETA ISAÍAS

Primeira Lectura      Is 49, 3. 5-6

Fareite luz dos pobos, para que se dea a miña salvación

             Díxome o Señor: «Ti es o meu servo, Israel, de ti virame a sona».

«Serei glorificado coa presenza do Señor, e o meu Deus será a miña forza».

            Pois agora ‑fala o Señor que desde o seo da nai me formou para ser o seu servo, para facer volver onda El a Xacob e para que Israel se xunte con El ‑:

«é moi fácil para ti ser o meu servo,

restablecendo as tribos de Xacob e facendo volver os protexidos de Israel,

pois convértote en luz das nacións,

e serás a miña salvación ata o confín da terra».

Palabra do Señor

SALMO RESPONSORIAL        Sal 39, 2 e 4ab. 7-8a. 8b-9. 10

R/. (8a e 9a): Aquí veño, Señor, para facer a túa vontade.

Esperei arelante no Señor:

el volveu cara a min os seus ollos

e escoitou o meu lamento.

Púxome na boca un cantar novo,

un himno de loanza ao noso Deus.

Sacrificios e ofrendas non os queres,

pero formáchesme uns oídos.

Non pides holocaustos nin sacrificios de expiación;

entón eu digo: «Aquí veño».

No texto do libro está escrito de min

que debo facer a túa vontade.

Meu Deus, iso é o que eu quero,

e o teu mandato está no meu corazón.

Proclamei a túa xustiza diante da grande asemblea,

non pechei os meus labios: ben o sabes, Señor.

LECTURA DO COMEZO DA PRIMEIRA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS CORINTIOS

Segunda Lectura    1 Cor 1, 1-3

A graza e a paz para vós de parte de Deus Pai e do Señor Xesús

            Paulo, chamado a ser apóstolo de Cristo Xesús pola vontade de Deus, e mais o irmán Sóstenes: á Igrexa de Deus que está en Corinto, aos santificados en Cristo Xesús, chamados a ser santos, cos que en calquera lugar invocan o nome do noso Señor Xesús Cristo, Señor deles e noso, desexámosvos graza e paz de parte de Deus, noso Pai, e do Señor Xesús Cristo.

Palabra do Señor

ALELUIA  Xn 1, 14a. 12a

Se non se canta, pódese omitir

Aleluia, aleluia.

O Verbo fíxose carne e habitou entre nós;

a cantos o recibiron deulles o poder de seren fillos de Deus.

Aleluia.

LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Evanxeo     Xn 1, 29-34

Velaí o Año de Deus, o que arrinca o pecado do mundo!

            Naquel tempo, vendo Xoán a Xesús, que viña cara a el, dixo:

            ‑ Velaí o Año de Deus, o que arrinca o pecado do mundo! Este é de quen eu dixen: «Detrás miña vén un home que pasa diante miña, pois existía primeiro ca min».

            Eu non o coñecía, mais para iso vin eu bautizar con auga: para que se amosara a Israel. E Xoán seguiu testemuñando:

            ‑ Eu vin o Espírito baixar do ceo coma unha pomba e pousar enriba del. Eu non o coñecía, pero o que me mandou bautizar con auga, díxome: «Cando vexas o Espírito baixar e pousar sobre un, ese é o que bautiza co Espírito Santo».

            E eu vino e dou testemuño de que este é o Fillo de Deus.

Palabra do Señor

CASTELLANO

Primera lectura

Lectura del libro de Isaías (49,3.5-6):

ME dijo el Señor:
«Tu eres mi siervo, Israel,
por medio de ti me glorificaré».
Y ahora dice el Señor,
el que me formó desde el vientre como siervo suyo,
para que le devolviese a Jacob,
para que le reuniera a Israel;
he sido glorificado a los ojos de Dios.
Y mi Dios era mi fuerza:
«Es poco que seas mi siervo
para restablecer las tribus de Jacob
y traer de vuelta a los supervivientes de Israel.
Te hago luz de las naciones,
para que mi salvación alcance hasta el confín de la tierra».

Palabra de Dios

Salmo

Sal 39,2.4ab.7-8a.8b-9.10

R/.
Aquí estoy, Señor, para hacer tu voluntad

V/. Yo esperaba con ansia al Señor;
él se inclinó y escuchó mi grito.
Me puso en la boca un cántico nuevo,
un himno a nuestro Dios. R/.

V/. Tú no quieres sacrificios ni ofrendas,
y, en cambio, me abriste el oído;
no pides holocaustos ni sacrificios expiatorios,
entonces yo digo: «Aquí estoy». R/.

V/. «-Como está escrito en mi libro-
para hacer tu voluntad.
Dios mío, lo quiero, y llevo tu ley en las entrañas». R/.

V/. He proclamado tu justicia
ante la gran asamblea;
no he cerrado los labios, Señor, tú lo sabes. R/.

Segunda lectura

Comienzo de la primera carta del apóstol san Pablo a los Corintios (1,1-3):

PABLO, llamado a ser apóstol de Jesucristo por voluntad de Dios, y Sóstenes, nuestro hermano, a la Iglesia de Dios que está en Corinto, a los santificados por Jesucristo, llamados santos con todos los que en cualquier lugar invocan el nombre de nuestro Señor Jesucristo, Señor de ellos y nuestro: a vosotros, gracia y paz de parte de Dios nuestro Padre y del Señor Jesucristo.

Palabra de Dios

Evangelio del domingoLectura del santo evangelio según san Juan (1,29-34):

EN aquel tiempo, al ver Juan a Jesús que venía hacia él, exclamó:
«Este es el Cordero de Dios, que quita el pecado del mundo. Este es aquel de quien yo dije: “Tras de mí viene un hombre que está por delante de mí, porque existía antes que yo”. Yo no lo conocía, pero he salido a bautizar con agua, para que sea manifestado a Israel».
Y Juan dio testimonio diciendo:
«He contemplado al Espíritu que bajaba del cielo como una paloma, y se posó sobre él.
Yo no lo conocía, pero el que me envió a bautizar con agua me dijo:
“Aquel sobre quien veas bajar el Espíritu y posarse sobre él, ese es el que bautiza con Espíritu Santo”.
Y yo lo he visto y he dado testimonio de que este es el Hijo de Dios».

Palabra del Señor

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *