A Palabra no 24º Domingo do Tempo Ordinario – Ciclo C

GALEGO

Primeira Lectura     Ex 32, 7-11. 13-14

O Señor renunciou ao castigo co que ameazara ao seu pobo

LECTURA DO LIBRO DO ÉXODO

     Naqueles días, o Señor díxolle a Moisés:

     ‑ Anda, baixa da montaña, porque o teu pobo, o que ti saca­ches de Exipto, perverteuse. Desviáronse axiña do camiño que eu lles indicara. Fixeron un becerro de metal, próstranse diante del, ofrécenlle sacrificios e pregoan: «Este é o teu Deus, Is­rael, o que te sacou de Exipto».

     E díxolle o Señor aínda a Moisés:

     ‑ Vexo que ese é un pobo de dura caluga. Deixa, pois, que agora se acenda a miña ira contra eles e os consuma. Pero a ti convertereite nun gran pobo.

     Entón rogou Moisés ante o Señor, o seu Deus:

     ‑ Por que, Señor, se ten que acender a túa ira contra o teu pobo, que con moito poder e con man rexa ti sacaches de Exipto?  Lembra os teus servos Abrahán, Isaac e Israel, aos que con xuramento prometiches: «Multiplicarei os vosos descendentes coma as estrelas do ceo, e dareilles este país de que vos teño falado, para que o posúan a perpetuidade.

     E o Señor renunciou ao castigo co que ameazara ao seu pobo.

                                    Palabra do Señor                                         R/. Grazas a Deus

SALMO RESPONSORIAL     Sal 50, 3-4. 12-13. 17 e 19

R/.  (Lc 15, 18):  Levantareime e irei onda meu pai.

Compadécete de min, oh Deus, pola túa bondade;

pola túa gran misericordia, borra o meu pecado;

lávame enteiro da miña iniquidade,

límpame da miña culpa.

Crea, oh Deus, en min un corazón puro,

renóvame por dentro con espírito firme;

non me botes da túa presenza,

e non tires de min o teu santo espírito.

Abre, Señor, os meus labios,

e a miña boca pregoará a túa loanza.

O meu sacrificio a Deus é un espírito contrito:

un corazón contrito e humilde

Deus, ti non o desprezas.

Segunda Lectura      1 Tim 1, 12-17

Cristo veu salvar os pecadores

LECTURA DA PRIMEIRA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO A TIMOTEO

            Benquerido irmán:

            Doulle grazas a Cristo Xesús, noso Señor, que me fortaleceu, porque confiou en min, encomendándome o ministerio; a min que fora un blasfemo, perseguidor e inxuriador. Pero compadeceuse porque o fixera por ignorancia, sen ter aínda fe; e a graza do noso Señor desbordou coa fe e o amor, que hai en Cristo Xesús.

            Esta é palabra segura, merecente de que todos a acollan: que Cristo Xesús veu ao mundo para salvar os pecadores, dos que eu son o primeiriño.

            Pero por iso mesmo compadeceuse, a fin de que Cristo Xesús amosase en min, o primeiro, toda a súa paciencia como exemplo para os que habían crer nel para lograr a vida eterna.

            Ó Rei da eternidade, inmortal, invisible, único Deus: honra e gloria polos séculos dos séculos! Amén.

                                    Palabra do Señor                                         R/. Grazas a Deus

ALELUIA    2 Cor 5, 19

Se non se canta, pódese omitir.

Aleluia, aleluia.

Deus estaba en Cristo reconciliando o mundo consigo,

e poñendo en nós a mensaxe da reconciliación.

Aleluia.

Evanxeo     Lc 15, 1-32 (longa)

Haberá grande alegría nos ceos por un pecador que fai penitencia

LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

            Naquel tempo, os publicanos e pecadores achegábanse a Xesús para o escoitaren. Por iso os fariseos e letrados murmuraban:

            ‑ Este acolle os pecadores e come con eles.

            Entón Xesús contoulles esta parábola:

            ‑ Quen de vós, se ten cen ovellas e perde unha delas, non deixa as noventa e nove no descampado, e vai en busca da perdida, a ver se a atopa? E cando a atopa, volve todo contento para a casa, con ela no lombo; e, chamando por amigos e veciños, dilles: «Alegrádevos comigo, que atopei a ovella que perdera».

            Pois asegúrovos unha cousa: no ceo haberá máis alegría por un pecador que se converta que por noventa e nove xustos que non precisan conversión.

            E, que muller que teña dez moedas e perde unha, non acende a luz, e non varre a casa, buscándoa con coidadiño ata atopala? E cando a atopa, chama polos amigos e veciños para lles dicir: «Alegrádevos comigo, que atopei a moeda perdida». Asegúrovos que outro tanto se alegran os anxos por un só pecador que se converta.

            E dixo tamén:

            ‑ Un home tiña dous fillos. O máis novo díxolle ao pai: «Papá, dáme a parte da herdanza que me corresponde». El repartiulles os seus bens. Días despois, este fillo recibiu todo xunto e marchou para un país remoto, onde malgastou a súa fortuna vivindo coma un perdido.

            Despois de o gastar todo, houbo unha gran fame naquela terra, e empezou a pasar necesidade. Entón, acudindo a un natural do país, entrou a servir, e mandouno a unha granxa a coidar os porcos. Alí chegou a ter gana de encher o estómago coas landras que comían os porcos, pero ninguén llas daba.

            Recapacitando, pensou: «Hai que ver! Cantos xornaleiros do meu pai teñen pan a fartar, e eu morro coa fame. Si, vou volver á de meu pai e voulle dicir: Papá, pequei contra o ceo e contra ti; xa non son digno de que me trates coma un fillo, trátame coma un xornaleiro».

            Levantouse e volveu onda seu pai. Aínda estaba lonxe cando este, enxergándoo, saíu emocionado a recibilo, e botándoselle nos brazos, bicouno agarimosamente. O fillo exclamou: «Papá, pequei contra o ceo e contra ti, xa non son digno de que me trates coma un fillo».

            Pero o pai díxolles aos seus criados: «Axiña, sacade a túnica mellor e vestídella; poñédelle un anel na man e calzado nos pés. Preparade un cuxo cebado para comelo e facer unha gran festa. Porque este fillo meu estaba morto e volve á vida, estaba perdido e atopámolo». E empezou a festa.

            Pero resulta que o fillo máis vello estaba na leira e cando viña para casa, oíu a música e mais o baile. Chamou por un criado e preguntoulle que pasaba. O criado contestoulle: «Éche que volveu teu irmán, e teu pai mandou matar o cuxo cebado por recuperalo san e salvo». Entón alporizouse moito, e non quería entrar.

            Pero o pai, saíndo, intentouno convencer.

El díxolle: «Tantos anos como levo servíndote sen che faltar nunca en nada, e nunca un cabrito me deches para troulear cos meus amigos; e agora resulta que vén ese teu fillo, que queimou os teus bens con mulleres de mala vida, e matas o cuxo cebado».

            O pai contestoulle: «Meu fillo, ti sempre estás comigo e todo o meu é teu, que menos que celebrar unha festa cheos de alegría, xa que ese teu irmán estaba morto e volve á vida, estaba perdido e atopámolo?».

                                    Palabra do Señor                                         R/. Loámoste, Cristo

______________________________________________________________________

Ou: 1-10  (máis breve)

LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

            Naquel tempo, os publicanos e pecadores achegábanse a Xesús para o escoitaren. Por iso os fariseos e letrados murmuraban:

            ‑ Este acolle os pecadores e come con eles.

            Entón Xesús contoulles esta parábola:

            ‑ Quen de vós, se ten cen ovellas e perde unha delas, non deixa as noventa e nove no descampado, e vai en busca da perdida, a ver se a atopa? E cando a atopa, volve todo contento para a casa, con ela no lombo; e, chamando por amigos e veciños, dilles: «Alegrádevos comigo, que atopei a ovella que perdera».

            Pois asegúrovos unha cousa: no ceo haberá máis alegría por un pecador que se converta que por noventa e nove xustos que non precisan conversión.

            E que muller que teña dez moedas e perde unha, non acende a luz, e non varre a casa, buscándoa con coidadiño ata atopala? E cando a atopa, chama polos amigos e veciños para lles dicir: «Alegrádevos comigo, que atopei a moeda perdida». Asegúrovos que outro tanto se alegran os anxos por un só pecador que se converta.

                                    Palabra do Señor                                         R/. Loámoste, Cristo

CASTELLANO

Primera lectura

Lectura del libro del Éxodo (32,7-11.13-14):

En aquellos días, el Señor dijo a Moisés:
«Anda, baja de la montaña, que se ha pervertido tu pueblo, el que tú sacaste de Egipto. Pronto se han desviado del camino que yo les había señalado. Se han hecho un becerro de metal, se postran ante él, le ofrecen sacrificios y proclaman: “Este es tu Dios, Israel, el que te sacó de Egipto”».
Y el Señor añadió a Moisés:
«Veo que este pueblo es un pueblo de dura cerviz. Por eso, déjame: mi ira se va a encender contra ellos hasta consumirlos. Y de ti haré un gran pueblo».
Entonces Moisés suplicó al Señor, su Dios:
«¿Por qué, Señor, se va a encender tu ira contra tu pueblo, que tú sacaste de Egipto, con gran poder y mano robusta? Acuérdate de tus siervos, Abrahán, Isaac e Israel, a quienes juraste por ti mismo: “Multiplicaré vuestra descendencia como las estrellas del cielo, y toda esta tierra de que he hablado se la daré a vuestra descendencia para que la posea por siempre”».
Entonces se arrepintió el Señor de la amenaza que había pronunciado contra su pueblo.

Palabra de Dios

Salmo

Sal 50,3-4.12-13.17.19

R/.
Me levantaré, me pondré en camino adonde está mi padre.

V/. Misericordia, Dios mío, por tu bondad,
por tu inmensa compasión borra mi culpa;
lava del todo mi delito,
limpia mi pecado. R/.

V/. Oh Dios, crea en mí un corazón puro,
renuévame por dentro con espíritu firme.
No me arrojes lejos de tu rostro,
no me quites tu santo espíritu. R/.

V/. Señor, me abrirás los labios,
y mi boca proclamará tu alabanza.
Mi sacrificio agradable a Dios
es un espíritu quebrantado;
un corazón quebrantado y humillado,
tú, oh, Dios, tú no lo desprecias. R/.

Segunda lectura

Lectura de la primera carta del apóstol san Pablo a Timoteo (1,12-17):

QUERIDO hermano:
Doy gracias a Cristo Jesús, Señor nuestro, que me hizo capaz, se fió de mí y me confió este ministerio, a mí, que antes era un blasfemo, un perseguidor y un insolente.
Pero Dios tuvo compasión de mí porque no sabía lo que hacía, pues estaba lejos de la fe; sin embargo, la gracia de nuestro Señor sobreabundó en mí junto con la fe y el amor que tienen su fundamento en Cristo Jesús.
Es palabra digna de crédito y merecedora de total aceptación que Cristo Jesús vino al mundo para salvar a los pecadores, y yo soy el primero; pero por esto precisamente se compadeció de mí: para que yo fuese el primero en el que Cristo Jesús mostrase toda su paciencia y para que me convirtiera en un modelo de los que han de creer en él y tener vida eterna.
Al Rey de los siglos, inmortal, invisible, único Dios, honor y gloria por los siglos de los siglos. Amén.

Palabra de Dios

Evangelio del domingoLectura del santo evangelio según san Lucas (15,1-32):

EN aquel tiempo, solían acercarse a Jesús todos los publicanos y los pecadores a escucharlo. Y los fariseos y los escribas murmuraban diciendo:
«Ese acoge a los pecadores y come con ellos».
Jesús les dijo esta parábola:
«¿Quién de vosotros que tiene cien ovejas y pierde una de ellas, no deja las noventa y nueve en el desierto y va tras la descarriada, hasta que la encuentra? Y, cuando la encuentra, se la carga sobre los hombros, muy contento; y, al llegar a casa, reúne a los amigos y a los vecinos, y les dice:
“¡Alegraos conmigo!, he encontrado la oveja que se me había perdido”.
Os digo que así también habrá más alegría en el cielo por un solo pecador que se convierta que por noventa y nueve justos que no necesitan convertirse.
O ¿qué mujer que tiene diez monedas, si se le pierde una, no enciende una lámpara y barre la casa y busca con cuidado, hasta que la encuentra? Y, cuando la encuentra, reúne a las amigas y a las vecinas y les dice:
“Alegraos conmigo!, he encontrado la moneda que se me había perdido”.
Os digo que la misma alegría tendrán los ángeles de Dios por un solo pecador que se convierta».
También les dijo:
«Un hombre tenía dos hijos; el menor de ellos dijo a su padre:
“Padre, dame la parte que me toca de la fortuna”.
El padre les repartió los bienes.
No muchos días después, el hijo menor, juntando todo lo suyo, se marchó a un país lejano, y allí derrochó su fortuna viviendo perdidamente.
Cuando lo había gastado todo, vino por aquella tierra un hambre terrible, y empezó él a pasar necesidad.
Fue entonces y se contrató con uno de los ciudadanos de aquel país que lo mandó a sus campos a apacentar cerdos. Deseaba saciarse de las algarrobas que comían los cerdos, pero nadie le daba nada.
Recapacitando entonces, se dijo:
«Cuántos jornaleros de mi padre tienen abundancia de pan, mientras yo aquí me muero de hambre. Me levantaré, me pondré en camino adonde está mi padre, y le diré: Padre, he pecado contra el cielo y contra ti; ya no merezco llamarme hijo tuyo: trátame como a uno de tus jornaleros”.
Se levantó y vino adonde estaba su padre; cuando todavía estaba lejos, su padre lo vio y se le conmovieron las entrañas; y, echando a correr, se le echó al cuello y lo cubrió de besos.
Su hijo le dijo:
“Padre, he pecado contra el cielo y contra ti; ya no merezco llamarme hijo tuyo”.
Pero el padre dijo a sus criados:
“Sacad enseguida la mejor túnica y vestídsela; ponedle un anillo en la mano y sandalias en los pies; traed el ternero cebado y sacrificadlo; comamos y celebremos un banquete, porque este hijo mío estaba muerto y ha revivido; estaba perdido y lo hemos encontrado”.
Y empezaron a celebrar el banquete.
Su hijo mayor estaba en el campo. Cuando al volver se acercaba a la casa, oyó la música y la danza, y llamando a uno de los criados, le preguntó qué era aquello.
Este le contestó:
“Ha vuelto tu hermano; y tu padre ha sacrificado el ternero cebado, porque lo ha recobrado con salud”.
Él se indignó y no quería entrar, pero su padre salió e intentaba persuadirlo.
Entonces él respondió a su padre:
“Mira: en tantos años como te sirvo, sin desobedecer nunca una orden tuya, a mí nunca me has dado un cabrito para tener un banquete con mis amigos; en cambio, cuando ha venido ese hijo tuyo que se ha comido tus bienes con malas mujeres, le matas el ternero cebado”.
El padre le dijo:
“Hijo, tú estás siempre conmigo, y todo lo mío es tuyo; pero era preciso celebrar un banquete y alegrarse, porque este hermano tuyo estaba muerto y ha revivido; estaba perdido y lo hemos encontrado”».

Palabra del Señor

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *