GALEGO
PRIMEIRA Núm 21, 4b-9
Os mordidos sanaban cando a miraban
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS NÚMEROS
O pobo comezou a esmorecer polo camiño. 5E murmuraba o pobo contra Deus e contra Moisés: -¿Por que nos fixestes saír de Exipto para morrermos no deserto, pois falta o pan, non hai auga, e a nosa alma sente noxo deste alimento tan miserable? 6O Señor enviou contra o pobo serpes velenosas, que o morderon, e morreu moita xente de Israel. 7O pobo foi onda Moisés e dixéronlle: -¡Pecamos por falarmos contra o Señor e contra ti; rógalle ó Señor, para que afaste de nós as serpentes! Moisés rezou polo pobo, 8e o Señor díxolle a Moisés: -«Fai unha serpente velenosa, e pona no alto dun mastro: cada un dos mordidos que a mire, vivirá». 9Moisés fixo unha serpente de bronce e púxoa na punta dun pau ben alto; e cada un que fora mordido pola serpente, se miraba para a serpente de bronce, quedaba san.
SAL. RESP. Sal 77, 1-2. 34-35. 36-37. 38
R/ (cf 7c) Non esquezáde-las obras do Señor
Escoita, meu pobo, a miña instruccion
atende as miñas palabras.
2Vouche falar en parábolas,
exporche vellas adiviñas.
34Cando os castigaba, eles buscábano,
voltábanse e corrían cara a Deus,
35lembrando que Deus era a súa rocha,
o Deus Altísimo o seu redentor.
36Coa boca tratábano de enganar;
coa lingua, de lle mentir.
37Mais o seu corazón non era firme,
non eran fieis á súa alianza.
38Por piedade perdoaba El as súas culpas
e non os destruía.
Moitas veces contivo a súa ira,
non deixou acende-lo seu noxo,
SEGUNDA Flp 2, 6-11
Humillouse a sí mesmo; por iso Deus exaltouno
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS FILIPENSES
Xesús Cristo, con ser de condición divina,
non se agarrou cobizosamente á súa categoría de Deus;
7senón que se espiu do seu rango,
asumiu a condición de escravo;
fíxose un home normal e presentouse como tal
8abaixouse a si mesmo, facéndose obediente ata á morte, ¡e a morte na cruz!
9Por iso tamén Deus o exaltou sobre todo
e lle concedeu un título que está por riba de calquera título
10para que ante o título de Xesús se dobre todo xeonllo
no ceo, na terra e mais no abismo,
11e para que toda lingua proclame
para gloria de Deus Pai
que Xesús Cristo é o Señor.
ALELUIA
Adorámoste, Cristo e bendicímoste:
porque, pola túa cruz, redimíche-lo mundo
EVANXEO Xn 3, 13-17
É necesario que sea exaltado o Fillo do Home
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Dille Xesús a Nicodemo:
ninguén subiu ó ceo, fóra do que baixou do ceo, o Fillo do Home.
Como Moisés alzou a serpente no deserto, así debe ser alzado o Fillo de Home, para que todo o que cre nel, teña vida eterna. Pois de tal xeito amou Deus ó mundo, que lle deu o seu Fillo Unixénito, para que todo o que cre nel non se perda, senón que teña vida eterna.
Non mandou Deus o Fillo ó mundo para que xulgue o mundo, senón para que por el se salve o mundo.
PALABRA DO SEÑOR
CASTELLANO
Primera Lectura
Lectura del libro de los Números (21,4b-9):
En aquellos días, el pueblo estaba extenuado del camino, y habló contra Dios y contra Moisés: «¿Por qué nos has sacado de Egipto para morir en el desierto? No tenemos ni pan ni agua, y nos da náusea ese pan sin cuerpo.»
El Señor envió contra el pueblo serpientes venenosas, que los mordían, y murieron muchos israelitas. Entonces el pueblo acudió a Moisés, diciendo: «Hemos pecado hablando contra el Señor y contra ti; reza al Señor para que aparte de nosotros las serpientes.»
Moisés rezó al Señor por el pueblo, y el Señor le respondió: «Haz una serpiente venenosa y colócala en un estandarte: los mordidos de serpientes quedarán sanos al mirarla.»
Moisés hizo una serpiente de bronce y la colocó en un estandarte. Cuando una serpiente mordía a uno, él miraba a la serpiente de bronce y quedaba curado.
Palabra de Dios
Salmo
Sal 77,1-2.34-35.36-37.38
R/. No olvidéis las acciones del Señor
Escucha, pueblo mío, mi enseñanza,
inclina el oído a las palabras de mi boca:
que voy a abrir mi boca a las sentencias,
para que broten los enigmas del pasado. R/.
Cuando los hacía morir, lo buscaban,
y madrugaban para volverse hacia Dios;
se acordaban de que Dios era su roca,
el Dios Altísimo su redentor. R/.
Lo adulaban con sus bocas,
pero sus lenguas mentían:
su corazón no era sincero con él,
ni eran fieles a su alianza. R/.
Él, en cambio, sentía lástima,
perdonaba la culpa y no los destruía:
una y otra vez reprimió su cólera,
y no despertaba todo su furor. R/.
Puede sustituirse por la siguiente lectura
Lectura de la carta del apóstol san Pablo a los Filipenses (2,6-11):
Cristo, a pesar de su condición divina, no hizo alarde de su categoría de Dios; al contrario, se despojó de su rango y tomó la condición de esclavo, pasando por uno de tantos. Y así, actuando como un hombre cualquiera, se rebajó hasta someterse incluso a la muerte, y una muerte de cruz. Por eso Dios lo levantó sobre todo y le concedió el «Nombre-sobre-todo-nombre»; de modo que al nombre de Jesús toda rodilla se doble en el cielo, en la tierra, en el abismo, y toda lengua proclame: Jesucristo es Señor, para gloria de Dios Padre.
Palabra de Dios
Evangelio de hoy
Lectura del santo evangelio según san Juan (3,13-17):
En aquel tiempo, dijo Jesús a Nicodemo: «Nadie ha subido al cielo, sino el que bajó del cielo, el Hijo del hombre. Lo mismo que Moisés elevó la serpiente en el desierto, así tiene que ser elevado el Hijo del hombre, para que todo el que cree en él tenga vida eterna. Tanto amó Dios al mundo que entregó a su Hijo único para que no perezca ninguno de los que creen en él, sino que tengan vida eterna. Porque Dios no mandó su Hijo al mundo para condenar al mundo, sino para que el mundo se salve por él.»
Palabra del Señor